Xosé Lois Romero & Aliboira / Cd

Latexo

Nuevo producto

En Stock

15,00 € impuestos inc.

Más

Segundo album longo no que manteñen o pulso do tribal e o ritual á vez que resignifican os códigos da música folk galega. Tan preto da tradición galega máis crua como dos sons da África máis indixenista, o romanticismo armónico e coral da música sacra, ou mesmo esa sensación de poder que impón a “haka” dos All Blacks de Nova Zelanda. A sonoridade de Xosé Lois Romero & Aliboria achégase ás veces ás maneiras da facción máis africana da world music, do indixenismo latinoamericano, pero tamén comparte elementos contemporáneos de iconas da música industrial como Einstürzende Neubauten o Swans, así como con armonizadores tribales como Milton Nascimento (a quen versionan no disco), ourives post-folclóricos como os cataláns Coetus ou renovadores do folclore sudamericano coma os brasileiros Barbatuques, os colombianos Canalón de Timbiquí ou os arxentinos La Bomba del Tiempo.

Reseñas

No hay reseñas de clientes en este momento.

Escribe tu opinión

Xosé Lois Romero & Aliboira / Cd

Xosé Lois Romero & Aliboira / Cd

10-3-2020