Tor / Cd Ver más grande

Tor / Cd

Folk celta da Galiza

Nuevo producto

2020

Cd con 11 cancións

Más detalles

En Stock

13,50 € impuestos inc.

Más

Xunto coa liña melódica guiada principalmente por instrumentos da tradición galega (gaita, frauta, acordeón) e outros máis atípicos como a anglo concertina, a parte harmónica a completan o buzuqui e o contrabaixo, conformando un son acústico, reelaborado dun xeito concordante cos traballos que se fan hoxe en día no folk atlántico europeo. O repertorio componse de popurrís ou sets de temas instrumentais tomados da tradición galega, con especial atención aos gaiteiros e músicos do interior. A principal fonte é o amplo arquivo propio de partituras e discos antigos, así como as gravacións de campo realizadas polos seus membros, buscando temas orixinais de frauta de madeira e acordeón diatónico, ou de estilos de toque de gaita de comarcas pouco coñecidas como A Limia, Frieiras, e Navia entre outras. Sets de muiñeiras, alboradas, pasacorredoiras e piruxaldas, sucédense con outros temas máis pausados como alalás, valses ou mazurcas, tan propias do sur ourensán.

Reseñas

No hay reseñas de clientes en este momento.

Escribe tu opinión

Tor / Cd

Tor / Cd

2020

Cd con 11 cancións