Tanxedoras / Á sombra oliveira Cd

Á sombra da oliveira

Nuevo producto

cd on 17 canciones

Más detalles

En Stock

13,95 € impuestos inc.

Más

Cinco voces. Luz. Dez mans. Forza. Medio cento de dedos. Universo. Gorxas moduladas para cantar alegrías. Almas bucinando sons dun tempo que non sabía que había perdurar por elas grazas a elas con elas nelas. Tanxedoras. Que han ver medrar nos sucos deste disco posmoderno e dixital os aires dunha época sepia que se policroma á sombra da oliveira. Cinco voces. Luz. Linguas que saborean sílabas que non percorrerán xardíns de verán nin camafeos de señoritas. Esta sombra da oliveira é, queridas e queridos, a voz rexa das mulleres que levan sostendo o mundo sobre a súa pel toda a vida, antes coma hoxe, mañá tamén, sen dúbidas.. Músicas que non serven para arrolar. Sonvos para mastigar a vida cun certo cerne férreo que nos lembre que se non hai taquicardias cando goberna anárquico o aturuxo, coma os pandeiros recordan, non hai vida. Hai maquillaxe. Pero non hai vida. Cinco voces. Luz. Que empatan coas leis ocultas e indiscutibles da natureza máis verdadeira. Coa calma que vén despois do traballo ou antes do baile, é dicir, antes de que os corpos se acubillen –xota muiñeira valse rumba como desculpa- nos atafegos saudosos e desexados do amor. Érache boa. Para iso vivimos. Para iso cantamos.

Reseñas

No hay reseñas de clientes en este momento.

Escribe tu opinión

Tanxedoras / Á sombra oliveira Cd

Tanxedoras / Á sombra oliveira Cd

cd on 17 canciones